02 diciembre 2020

Xa temos cartel da Pascua Xoven Arousa 2021!

 Xa temos cartel na Pascua Xoven Arousa para esta nova andaina 2020-21.

 Xa levamos tres reunións celebradas, unha presencial e dúas on line para ir perfilando o encontro deste curso. Neste mes estamos traballando a Fase (documento de reflexión e catequético) para resetear os nosos estilos e modos de vida. Ademais estamos deseñando  o  cancioneiro deste curso que é un dos pratos fortes da nosa Xuntanza. 


Oxalá que tamén os mozos das nosas parroquias aprendamos deste drama a ser máis unidos ,responsables, cívicos e fraternos. Hai tanto que resetear no noso mundo interior, que non podemos deixar de rezar e actuar.

Bo Advento e Feliz Nadal a toda a nosa diocese!

0 comentarios: