22 nov. 2019

CURSO HOMOLOGADO DE MONITOR DE TIEMPO LIBRE


A Escola de Tempo Libre Nordesía de Scouts de Galicia -ECG convoca un novo Curso de monitor/a de tempo libre para as fins de semana de decembro a febreiro.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos ao inicio do curso
Ter rematada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da fase teórica
Decembro: 14, 15, 26, 27, 28, 29 e 30
Xaneiro: 2, 3, 4, 5, 25 e 26
Febreiro: 1, 2, 8, 9, 15, 16 e 22

Horarios
De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Matrícula
A inscrición no curso pódese facer:

Entrando na nosa web  https://scoutsgalicia.org/ na noticia do Curso de Monitores e cubrindo o formulario que aparece facendo click no botón “Inscríbete”.
Achegándose á ETL Nordesía no Centro Scout Abeiro, Lugar Xulacasa 296, Figueiras (de par da igrexa parroquial)
Para garantir a reserva é preciso realizar o ingreso de 150€. Esta cantidade reembolsarase no caso de non realizarse o curso.

Para formalizar a inscrición será necesario enviar a nordesia@scoutsgalicia.org:

Fotocopia do DNI
Xustificante de estudos académicos
Xustificante de pago

Prezo
150€. Tasas de expedición do título non incluídas.

Contacto
Para calquera consulta podes contactar connosco

Por teléfono no 981 52 67 77
Por e-mail: nordesia@scoutsgalicia.org

0 comentarios: