29.4.19

XLVI Pascua Xoven Arousa

Os días 26, 27 e 28 de Abril celebrouse en Vilagarcía de Arousa a Pascua Xoven na súa 46 edición. 

O tema deste ano era o acompañamento; en sintonía co Sínodo dos Xóvenes  e  coas liñas de traballo da nosa diocese, os mozos pascueiros reflexionamos e rezamos. Queremos sentir e saborear a Presenza de Xesús, que nos acompaña noite e día, amándonos, coidándonos e guiándonos por camiños de ledicia e vitalidade. E para iso contamos co gran traballo dos Animadores e Responsables e a  boa calidade dos músicos. 



Unha fin de semana a tope e marabillosa para todos os Grupos que participaron. Os momentos favoritos foron o Testemuño que deu  o cantautor e excelente comunicador Álvaro Fraile (un crak!!!!! espectacular!!!!) e a Eucaristía que rematou ás 2.30h da madrugada, unha celebración superdinámica e alegre que non deixa a ninguén indiferente.

 Dá gusto ver aos curas tan animados e en sintonía coa xuventude, ata o párroco de Cambados que é o unico que participou nas 46 edicións desta experiencia cristián única en todo o estado español. Grazas pola constancia ininterrumpida nestas case xa 5 décadas.




0 comentarios: