24.11.18

XV Xornadas de Fe-Cultura. Semana da Parroquia

Os días 28 e 29 de novembro ás 20:30h, no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XV XORNADAS DE FE-CULTURA, baixo o lema "As formas e o fondo da Igrexa




Os ponentes deste ano son:

Mércores 28:  Coñecendo a nosa Igrexa. De onde vimos e cara a onde imos? Somos misioneiros, non conquistadores nin colonizadores.
                         D. David Álvarez Rodríguez, delegado diocesano de Misiones e cura rural.

Xoves 29:  Coñecendo a San Pablo. O gran animador das primeiras comunidades. Un fenómeno, un crack...!
                            Dª. Fátima Noya Varela, catequista e licenciada en Historia da Arte e Teoloxía



"La Iglesia 'en salida' es una Iglesia con las puertas abiertas. Salir hacia los demás para llegar a las periferias humanas no implica correr hacia el mundo sin rumbo y sin sentido. Muchas veces es más bien detener el paso, dejar de lado la ansiedad para mirar a los ojos y escuchar, o renunciar a las urgencias para acompañar al que se quedó al costado del camino. A veces es como el padre del hijo pródigo, que se queda con las puertas abiertas para que, cuando regrese, pueda entrar sin dificultad.”  Papa Francisco

A semana da parroquia comeza este sábado 24, á mañá haberá reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa, na que entre outras cuestións darase a coñecer o cartel da XLVI edición co slogan "Ti comigo, eu contigo" que versa sobre o acompañamento e a fase dual para que os grupos a traballen nas súas parroquias.
Pola tarde teremos a reunión de Catequistas e  pola noitiña, despois da misa das 19:30h, celebraremos o Magosto Parroquial, coa actuación do noso Grupo Folclórico.


Agardamos a vosa asistencia.

0 comentarios: