24.11.18

A XLVI PASCUA XOVEN DE AROUSA XA TEN CARTEL!

O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo sexta edición que se celebrará no colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa os días 26, 27 e 28 de abril de 2019.



En sintonía co Sínodo dos Xóvenes convocado polo Papa Francisco neste ano 2018, tratamos nesta xeira o tema do acompañamento.  Queremos dende as Fases-Unidades didácticas de traballo e a Música, aprender e profundizar na difícil arte de acompañar aos nosos mozos por camiños de vida, de rebeldía evanxélica e compaixón. Aí estamos e contade connosco!!! TI COMIGO, EU CONTIGO
Ven e disfrutarás!

0 comentarios: