19.12.17

O Belén estará tamén este Nadal na Pza do Obradoiro



Os cristiáns de Compostela e arredores, un ano máis convocamos á colocación do Belén na Pza do Obradoiro . Poñeremos o Belén neste lugar, porque é unha praza de acollida, paz e solidariedade.

O Belén este ano quere tamén lembrar a todas aquelas personas que sofren persecución, que teñen que migrar, que buscan acollida e un futuro para as súas vidas.

Está xa case rematado, co traballo artesanal e os mimos necesarios... e con materiais de refugallo. ¿Como será este ano?

Agardamos por ti para colocar o Belén e cantar xuntos unhas panxoliñas.

Bo Nadal!!

0 comentarios: