21.12.17

O Belén estará na Praza do Obradoiro

En decembro de 2016, cidadáns de Santiago de Compostela puxeron o Belén na Pza do Obradoiro. Este ano poñeremos outro Belén artesán o sábado 23 de decembro de 2017

En todas as latitudes son as persoas, familias, asociacións e institucións as que poñen o Belén nas casas e nos espazos públicos. O pobo quere así facilitar que todas as persoas que o desexen poidan contemplar o nacemento de Xesús no pesebre.

Contemplando o pesebre tamén nos facemos conscientes dos moitos pesebres que hai no mundo. Hoxe os pesebres están na guerra, nos desprazados buscando un lugar onde vivir; están nas cadeas ou nos CIES indignos. Xesús nace en cada neno escravo, no pai de familia explotado, nas persoas que viven na rúa.

Poñer o Belén no centro da cidade, na Praza do Obradoiro que é lugar de acollida, é un símbolo de paz, de amor e xustiza. Iso é o que queremos facer moitos en Santiago o sábado 23 de decembro ás 12h.

Os cristiáns de Santiago organizámonos para que o Belén estea na praza pública e sexa cousa do pobo, e non dependa exclusivamente da vontade das institucións. Todo o Belén que imos poñer este ano é artesán e feito con materiais de refugallo.

Desexámosvos a todos un Bo Nadal, que sirva ao Amor, á Solidariedade, á Xustiza e á Paz.

SÁBADO 23 DE DECEMBRO
12,00H. Colocaremos o Belén no Obradoiro.
Panxoliñas.

Persoas que atenden á prensa:
Teresa 630115130
Joaquín 609880967
Laura 663671769


Fuente: pastoralsantiago.es

0 comentarios: