26.12.17

Luz da Paz de Belén

O 23 de decembro, scouts da ADE de Santiago e o grupo Axouxere da ADE de Ourense xuntáronse para pasar o día en Santiago, onde xantaron no Centro Xuvenil Don Bosco de Salesianos, base do Grupo Scout Khanhiwara. Tras a comida os rapaces disfrutaron de xogos e cancións, tralo cal acudimos á celebración e entraga da Luz da Paz, que tivo lugar na Catedral ás 18h. O acto foi todo un éxito, no que varios centenares de scouts, antigos e membros doutras delegacións diocesanas, xunto coa xente que quixo participar deste acto, celebramos unha eucaristía moi especial de Navidad na compartíamos todos nós a Luz da Paz de Belén.















0 comentarios: