15.11.17

XIV XORNADAS DE FE-CULTURA. SEMANA DA PARROQUIA

Os días 22, 23 e 24 de novembro ás 20:30h, no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XIV XORNADAS DE FE-CULTURA, baixo o lema "As formas e o fondo da nosa FE



Os ponentes deste ano son:  
 
Mércores 22:  Creemos comunitariamente. Somos igrexa “en saída” e optamos pola sinodalidade.
                           D. Francisco Buide del Real, sacerdote e Doctor en Historia da Igrexa.

Xoves 23:  O noso Sínodo Diocesano. E agora qué? É a hora dos laicos: anímate.
                            Dª. Fátima Noya Varela, catequista e licenciada en Historia da Arte.

Venres 24:  Coñecendo e decodificando o Deus de Xesús de Nazaret.
                            D. Ricardo Sanjurjo Otero, licenciado en Sagrada Escritura e delegado diocesano de Pastoral Universitaria.

"La acción pastoral debe mostrar mejor todavía que la relación con nuestro Padre exige y alienta una comunión que sane, promueva y afiance los vínculos interpersonales. Mientras en el mundo, especialmente en algunos países, reaparecen diversas formas de guerras y enfrentamientos, los cristianos insistimos en nuestra propuesta de reconocer al otro, de sanar las heridas, de construir puentes, de estrechar lazos y de ayudarnos “mutuamente a llevar las cargas” "  Papa Francisco

 
A semana da parroquia rematará o sábado 25, á mañá haberá reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa, na que entre outras cuestións darase a coñecer o cartel da XLV edición co slogan "Escoitame!" que versa sobre a música e a fase dual para que os grupos a traballen nas súas parroquias.
E pola noitiña, despois da misa das 19:30h, celebraremos o Magosto Parroquial, coa actuación do noso Grupo Folclórico.

Agardamos a vosa asistencia.

0 comentarios: