5.5.17

Pascua Xoven Arousa 2017

Os días 21, 22 e 23 de abril celebrouse en Vilagarcía a xa 44 edición da Pascua Xoven de Arousa que nesta ocasión versou sobre as redes sociais baixo o slogan: E ti de quen vés sendo...?


Foi unha fin de semana intensa e completa que ademais acompañou o sol polo que se puideron poñer as tiendas de campaña e gañou  a xuntanza en todas as dimensións.
Destacamos este detalle porque casi sempre a auga se fai presente entre nós o que desloce a calidade e a cantidade da convivencia.


O sábado como de costume é a xornada de portas abertas para que antigos pascueiros, e mozos e non tan mozos que non nos coñezan, poidan ter esa oportunidade e asi participar nun dos momentos claves como é o Testimuño da tarde que nesta edición o protagonizaron o cantautor Luis Guitarra e a contacontos Carmen Sara.
Gustaron moito e tocaron o corazonciño  de todos.

Oxalá que se nos note máis alá destes días porque entre todos temos que ser sal e luz para este mundo no que temos que ser cristiáns de corpo e alma, misericordiosos e compasivos, ecóloxicos e austeros, alegres e serviciais. Oxalá!
Como sempre a eucaristia desa noite foi moi concurrida polos pascueiros de hoxe e antano. Concelebraron seis curas e rematou ás 2.30h da madrugada. 
Agora toca avaliar e mirar xa para a vindeira edición. O vindeiro 13 de maio teremos a reunión de avaliación e compromiso na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcia. 
Non faltes!

0 comentarios: