3.5.17

II Encuentro de jóvenes en la "Costa da Morte": Testimonios

Sábado, 22 de abril 2017


Nesta reunión onde mellor o pasei foi nos xogos organizados xa que foron divertidos e amenos, para min un pouco curtos xa que non nos dou tempo a xogar en todos. 

Algo que me pareceu moi interesante foron os testimonios, xa que ensinaba que se fas algo mal, podes cambiar e compensar o que fixeches facendo cousas boas e axudando á xente. As palabras de Jorge Mira foron inspiradoras xa que eu sempre pensei que a ciencia e a relixión non encaixaban pero o argumento de que nada explica o Big Bang dá a pensar que si que hai alguén ahí arriba que axuda aos acontecementos diarios.



A camiñata foi un pouco dura porque foi toda costa arriba, as vistas que se vian dende ahí arriba eran moi bonitas xa que se vían algúns pobos. A capela de San Bartolo de Salto deume bastante pena porque estaba abandoada, pero valeu a pena subir ata alí arriba.


A misa do final chamoume a atención xa que eu nunca vira unha misa na que se tocaran campaiñas, ao chegar á casa miña avoa díxome que así era como se facían antes e fíxose máis amena coas cancións que tocaban.


Minia








0 comentarios: