5.5.16

Pascua Xoven Arousa 2016


Os días 8, 9 e 10 de abril deste 2016 celebrouse en Vilagarcía de Arousa a Pascua Xoven na súa xa 43 edición.


Este ano, baixo o lema "A persoa é o primeiro",  traballaron as 14 obras de misericordia, en sintonía co ano da misericordia, e profundizaron nos temas actuais: guerras, inxustizas socias e todo o fenómeno grave dos refuxiados.


Cun estilo alegre, xuvenil e cheo de esperanza, apostamos por unha sociedade inclusiva e solidaria, onde a experiencia relixiosa nos convoca a acoller aos demais porque todos somos irmáns.


O momento culme chegou co Testemuño que deu Brotes de Olivo, e a eucaristía que rematou ás 2:30h. da madrugada do sábado.


Esta eucaristía foi concelebrada por 8 curas, un deles de Portugal, que participou con 50 mozos da diocese de Santarem.


Felices pascuas dende Arousa!


0 comentarios: