26.11.14

Carta de D. Julián para este adviento !!

http://www.archicompostela.org/Cartas_pastorales/2014/Carta_Pastoral_advento_2014_gal.pdf
Pincha en la imagen para leer la carta

Advento 2014
Nadal, misterio de beleza, esperanza e amor

«A preparación espiritual para a celebración do Nadal axudaranos a limpar os ollos da nosa alma e do noso corazón, confrontándonos coa Palabra de Deus, e vivindo a conversión coa participación no Sacramento da Penitencia e na Eucaristía "na que o Misterio faise presente e enche de sentido e de beleza toda a nosa existencia”. Así podemos considerar o amor de Deus con que Cristo nos amou e nos pide manifestalo aos demais a través da caridade. Máis alá dos tics sentimentaloides que se foron adherindo, a festa do Nadal, encontro entre o ceo e a terra, úrxenos a vivir o gozo de saber amados por Deus. Abramos de par en par a porta do noso corazón ao Deus connosco para recompoñer vínculos familiares, laborais, sociais, políticos, e vivir en harmonía con Deus, connosco mesmos, cos outros e con todo o creado!»
 (D. Julian Barrio. Da Carta no Advento 2014)

0 comentarios: