4.2.13

Encontro de animadores da Fe scouts


Os grupos e asociacións do Movemento Scout Católico contan con consiliarios nos seus equipos que guían a estes polo camiño da Fe. Para formar a esta figura tan importante no movemento scout católico, MSC organiza un encontro para consiliarios scouts e para relixiosos interesados en coñecer o escutismo.

Estas xornadas terán como obxectivo descubrir o escutismo como obxecto de evanxelización, descubrir o grupo scout como axente de pastoral e explicar que pode dar, pedir e en que pode axudar un consiliario a un grupo scout.

O encontro realizarase dende o xoves 28 de febreiro ata o sábado 2 de marzo no Centro Medioambiental Naturalcalá en Alcalá de Henares.

Ofértanse un total de 20 prazas para este encontro, no que poderán participar consiliarios scouts, sacerdotes, relixiosos e relixiosas interesados en coñecer o movemento scout e outros axentes de pastoral.

O prazo de inscrición remata o 18 de febreiro e o custe da actividade será de 35€ se a inscrición se realiza antes do 11 de febreiro e 50€ se se realiza despois. Para inscribirse, hai que entrar en http://xurl.esencuentro2013 ou chamar ó 93 292 53 77.

0 comentarios: