8.11.11

VIII Xornadas de Fe-Cultura "Somos o que comunicamos"

Os días 16, 17 e 18 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as VIII Xornadas de Fe-Cultura co lema "Somos o que comunicamos".
Deixámosvos aquí o programa deste ano:

- Mércores 16 :
A Igrexa e os Mass Media ¿Necesita un gabinete de márketing? Boamensaxe pero ¿boa comunicación?
D. Manuel A. Blanco Vázquez, crego e director de Medios de Comunicación da Diocese de Santiago de Compostela.

- Xoves 17 : ¿Como falar de Deus nas novas tecnoloxías? A Palabra e as nosas palabras. Un e-mail desde o ceo.
Miguel Castaño e Inma Tamayo, deseñadores gráficos.

- Venres 18 : Límites e posibiliddes da internet. Estamos na rede pero tamén cos pés na terra.
Fátima Noya Varela, Lcda. en historia da arte e especialista en técnicas de márketing.

Xa sabes. Esperámoste!

Tradición e novidade, papiros e mails, cartas e sms... Todo cambia e todo permanece.
Se tes algo que comunicar, aquí tes un bo lugar.
Ás veces é bo viaxar e coñecer outras culturas e ritos para saborear mellor o que te acompaña dende a infancia. Hai que saber conectar e transmitir dende abaixo e en horizontal.
E como di San Agustín, “Non vaias mirando fóra de ti, entra en ti mesmo, porque a verdade habita no interior do home

+info: www.axunqueira.com

0 comentarios: