24.2.10

Scouts de Santiago de Compostela reúnense co Arcebispo

O pasado 4 de frebreiro os novos membros da mesa diocesana de escutismo de Santiago de Compostela tiveron unha reunión co Arcebispo para darse a coñecer como novo goberno da Asociación Diocesana.

Don Xulián recibiunos na sede do Arcebispado, e cun trato moi amable e cercano interesouse polo movemento scout e pola situación do escutismo en Galicia.

Tras unha interesante conversa sobre os valores da sociedade actual e sobre o método educativo dos scouts, Don Xulián eloxiou mioto a labor dos responsables scouts e desexounos unha boa andaina para estes catro anos de goberno.

Dende a Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela, queremos agradecer a Don Xulián a súa amabilidade e o seu interese polo noso traballo.





Noticia escrita por: Ana Escrigas.

0 comentarios: